Traballo tutelado |
En tódalas sesións do curso a profesora adicará tempo para atender e resolver as dúbidas do alumnado
en relación aos aspectos teóricos e principios metodolóxicos a traballar nesta materia. Ademais, a atención personalizada realizarase durante o horario de titorías que a profesora detallará na sesión introdutoria do curso. O alumnado deberá fixar previamente unha cita ca profesora dentro deste horario e a través do correo electrónico. A profesora non atenderá o alumnado sen cita previa ou fóra do horario establecido. |
|
Presentación |
Nas sesións prácticas correspondentes a profesora adicará tempo para atender e resolver as dúbidas do alumnado en relación ás presentacións a levar a cabo nesta materia. Ademais, a atención personalizada realizarase durante o horario de titorías que a profesora detallará na sesión introdutoria do curso. O alumnado deberá fixar previamente unha cita ca profesora dentro deste horario e a través do correo electrónico. A profesora non atenderá o alumnado sen cita previa ou fóra do horario establecido. |