Actividades introdutorias |
Esta sesión servirá para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía. |
Seminario |
A través das titorías, o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...). Computa na avaliación continua. |
Lección maxistral |
Presentación estruturada dos temas, coa finalidade de facilitar información organizada, seguindo os criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Guión facilitador e a correspondente exposición verbal, por parte do profesor, dos contidos da Organización Escolar. |