1) Actitude favorable e receptiva para a experimentación e exploración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no campo educativo.
2) Asistencia continua ás sesións de teoría e prácticas. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para avaliación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentais.
3) Que o alumnado non asistente o comunique durante o primeiro mes de clase para determinar as alternativas metodolóxicas e de avaliación que se van seguir. |