Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exame final de preguntas curtas e exercicios sobre os conceptos e técnicas expostos e traballados na aula de teoría.
Avalíase a aprendizaxe da metodoloxía sesión maxistral e resolución de problemas e exercicios dos boletíns da aula de teoría. |
40 |
|
B13 B26
|
|
|
Primeira oportunidade. O alumnado poderá elixir entre un sistema de avaliación continua ou unha avalación global. Recoméndase a avaliación continua. 1-A avaliación continua está constituída polas seguintes actividades: Un exame de teoría, dous exames de computador e un traballo grupal. Tamén haberá actividades de autoavaliación da teoría (opcionais).
En cada un dos 3 exames será necesaria unha nota mínima de 4 para calcular a media final. Se algún estudiante non traballa sistemáticamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo, seguindo un protocolo establecido a principio de curso. 2- A avaliación global está constituída polas seguintes actividades: Un exame final de teoría (50%) e un exame final de computador (50%). En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 5 para calcular a media final. Segunda oportunidade: 1- Para o alumnado que elexiu a avaliación continua repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada estudante recupere a parte que lle corresponda. A nota do traballo de grupo mantense.
2- A avaliación global está constituída por un exame final de teoría (50%) e un exame final de computador (50%). En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 5 para calcular a media final. Dun curso para outro, non se gardarán exames superados ou partes da materia. |