1º OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (xaneiro): 19 XANEIRO 2024
2º OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (xullo): Consultar datas en: http://belasartes.uvigo.es/gl/docencia/exames/
2º OPORTUNIDADE (Xullo): O alumnado deberá presentar un proxecto persoal de arte audiovisual como obra final, exposta de forma pública segundo as necesidades dun evento expositivo en arte, e segundo os mesmos
parámetros que se transmitiron e impartiron na materia. Este proxecto deberán realizarse, até a data da convocatoria de xullo, baixo o seguimento dalgún ou de todos os docentes da materia e, por tanto,
os profesores deberán coñecer o
proceso de realización deste traballo e saber
que será presentado como resultado para avaliar
na 2º Convocatoria da materia (xullo). Para isto, o alumnado deberá manter contacto, nos
horarios de tutorías que se estipule, cos profesores implicados.
Xunto co proxecto
persoal audiovisual (obra final), o alumno deberá presentar o mesmo tipo de documentación do proceso de creación que se requiriu durante a impartición da materia.
Deberá basearse no mesmo
tipo de información e de desenvolvemento de contidos estipulados
durante a impartición docente da materia.
Nesta 2º Convocatoria de xullo a presentación do proxecto persoal e da súa correspondente documentación será obrigatoriamente individual, independentemente de que durante a impartición da materia, no 1º cuadrimestre, realizouse en grupo.
A cualificación obtida, como nota final da materia, na 2º Convocatoria (xullo) valorarase da seguinte
maneira: Proxecto
persoal audiovisual: 80%. Documentación do proceso: 20% |