AVALIACIÓN CONTINUA: O proceso de avaliación continua a aplicar é o descrito na táboa anterior. AVALIACIÓN GLOBAL: Para aqueles/as estudantes que opten pola avaliación global se aplicarase os seguintes sistemas, criterios e porcentaxes de avaliación: - Presentación dun traballo práctico sobre contidos desenvolvidos na materia - 40% - Proba escrita: Análise e comentario dunha obra de referencia exposta no momento da proba. Valorarase a adecuada valoración no ámbito artístico da obra proposta, así como a súa relación cos seus aspectos formais. - 60% 2ª OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (xullo) AVALIACIÓN CONTINUA: O alumnado deberá presentar como obra final un proxecto persoal de arte audiovisual, exposto publicamente segundo as necesidades dun evento expositivo artístico, e segundo os mesmos parámetros que se transmitiron e impartiron na materia. Este proxecto deberá realizarse, ata a data da convocatoria de xullo, baixo a supervisión dalgún ou a totalidade do profesorado da materia e, polo tanto, o profesorado deberá coñecer o proceso de realización deste traballo e saber que se presentará como resultado a avaliar na 2a Convocatoria da materia (xullo). Para iso, o alumnado deberá manter contacto, durante as horas de titoría estipuladas, co profesorado implicado. Xunto co proxecto audiovisual persoal (traballo final), o alumno deberá presentar o mesmo tipo de documentación do proceso de ideación e creación que se requiriu durante a impartición da materia. Deberá basearse no mesmo tipo de información e desenvolvemento de contidos estipulado durante a impartición da materia. Nesta Convocatoria do 2 de xullo será obrigatoria a presentación do proxecto persoal e a súa correspondente documentación de forma individual, independentemente de que durante a impartición da materia se realizou en grupo. A cualificación obtida, como cualificación final da materia, na 2a Convocatoria (xullo) valorarase do seguinte xeito: Proxecto audiovisual persoal: 80%. Documentación do proceso: 20% AVALIACIÓN GLOBAL: Para aqueles alumnos/as que opten pola avaliación global, aplicarase o mesmo deseño de proba que a primeira oportunidade de avaliación.
|