Código |
Descrición |
C1 |
Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte |
C2 |
Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural |
C5 |
Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores |
C7 |
Coñecemento do vocabulario e dos conceptos inherentes a cada técnica artística particular. Coñecer a linguaxe creativa específica |
C9 |
Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística |
C19 |
Capacidade para identificar e entender os problemas da arte. Establecer os aspectos da arte que xeran procesos de creación. |
C20 |
Capacidade de interpretar creativa e imaxinativamente problemas artísticos. Desenvolver os procesos creativos asociados á resolución de problemas artísticos |
C21 |
Capacidade de comprender e valorar discursos artísticos en relación coa propia obra. Establecer medios para comparar e relacionar a obra artística persoal co contexto creativo. |
C25 |
Capacidade de (auto)reflexión analítica e (auto)crítica no traballo artístico. |
C31 |
Capacidade para xerar e xestionar a produción artística. Saber establecer a planificación necesaria nos procesos de creación artística. |
C32 |
Capacidade de aplicar profesionalmente tecnoloxías específicas. Utilizar as ferramentas apropiadas para as linguaxes artísticas propias |
C39 |
Capacidade de determinar o sistema de presentación adecuado para as calidades artísticas específicas dunha obra de arte. Adquirir criterios para a adecuada apreciación da obra de arte en relación co seu entorno e exhibición |
C42 |
Habilidades para a creación artística e capacidade de construír obras de arte. Adquirir as destrezas propias da práctica artística |
C43 |
Habilidade para establecer sistemas de produción. Desenvolver estratexias aplicadas ao exercicio sistemático da práctica artística |
C44 |
Habilidade para realizar, organizar e administrar proxectos artísticos innovadores |