Obradoiro |
Valoraranse os procesos e resultados obtidos en coherencia cos obxectivos (complexidade, coherencia das articulacións, manexo de dispositivos, integración dos contextos espaciais e comprensión do rol do espectador) de cada unha das propostas. |
40 |
|
B3
|
C5 C6 C19 C20 C27 C31 C45 C47
|
|
Traballo tutelado |
Valorarase o proceso e resultado obtido en coherencia cos obxectivos. Na memoria de documentación do proxecto terase en conta: 1. Descripción e interese do proxecto, a coherencia da documentación co traballo presentado, a claridade nas descripcións, calidade dos debuxos, esquemas, fotografías, animacións, textos, etc. 2.A viabilidade do proxecto. 3.A adecuación do proxecto ao espazo elixido. |
30 |
|
|
C19 C20 C27 C31 C32 C43 C44 C47
|
|
Dacordo co "Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe de estudantado", o alumnado terá dereito a elexir o tipo de sistema, avaliación continua ou avaliación global, co que sera avaluado, no prazo establecido pola Facultade. AVALIACIÓN CONTINUA. Os estudantes farán periodicamente na aula presentacións dos traballos e exposicións dos resultados durante o transcurso do cuadrimestre. Criterios de avaliación. Teranse en conta os seguintes factores: 1. A implicación do alumnado nas actividades docentes. 2. Capacidade de manexo dos contidos. 3. Xestión dos materiais e procedementos utilizados no taller. 4. Interese e eficacia para levar ao límite as reflexións e as propostas elixidas. 4. Valorarase especialmente a incidencia positiva ou negativa do seu traballo en relación á dinámica do grupo. Ao final do período docente cada alumno exporá a documentación dos traballos realizados durante o curso. AVALIACIÓN GLOBAL. Os estudantes deberán presentar todos os traballos propostos durante o cuadrimestre e realizar un exercicio na aula de exame. Os estudantes que teñan que presentarse á convocatoria de segunda oportunidade (Convocatoria de Xullo) deberán entregar todos os traballos esixidos durante o curso e realizar un exercicio específico na aula de exame. As datas e horas das diferentes convocatorias serán aprobadas en Xunta de Facultade e poderán consultarse na páxina web do centro. |