Educational guide 2024_25
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de escultura e instalacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a expor a planificación do curso, tomar contacto co alumnado, introducir os campos de problemas da materia e a abordaxe do problema do espazo específico.
Lección maxistral Sesións destinadas á exposición dos contidos teóricos e á presentación das propostas dos traballos e exercicios a desenvolver, sinalando as directrices e obxectivos dos mesmos.
Obradoiro Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades de manipulación e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do profesorado ás actividades individuais que desenvolve o alumnado. Control dos medios e materiais utilizados nas propostas.
Seminario Correccións colectivas dos resultados parciais e dos proxectos desenvolvidos. Os contidos aparecen aquí como o catálogo de problemas recoñecidos desde a experiencia do taller.
Traballo tutelado O alumnado, de maneira individual, elabora un proxecto sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade autónoma, tutelada, do alumnado, que inclúe a busca e recollida de información, elaboración de materiais e presentación dos resultados.
Cartafol/dossier Elaboración e presentación individualizada dun dossier no que aparezan recollidos e documentados os traballos levados a cabo durante o curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000