Guia docente 2024_25
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Debuxo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Aplicación de conceptos y procedimientos a la ejecución de trabajos. Se evalua en conjunto con los trabajos de aula y ejercicios autónomos. 20
Traballo tutelado O traballo tutelado desta materia aséntase en tres núcleos fundamentais interrelacionados entre si: CONCEPTUAL, PROCEDEMENTAL e ACTITUDINAL, de tal maneira que cada un deles actúa e intervén nos outros dous.

CONCEPTO. Os valores conceptuais refírense a cuestións relativas ao interese plástico e expresivo do traballo realizado, así como o interese investigador e experimental que abarca (Valor: 33,33%).


PROCEDEMENTO. Os valores procedementais refírense aos resultados obtidos a nivel de destrezas e técnicas, á interiorización de usos procedementais, á resolución material e aos niveis de complexidade sensible e técnica (Valor: 33,33%).


ACTITUDE. Os valores actitudinais fan referencia á implicación, á capacidade de traballo e progresión, á receptividade mostrada polo alumno no día a día, ao volume de traballo e á asistencia continuada (Valor: 33,33%).
40 C7
C9
C12
C20
C21
C22
C31
C42
Resolución de problemas de forma autónoma Na parte que corresponde ao traballo autónomo valorarase a dedicación de horas, a capacidade de traballo e progresión, así como a receptividade mostrada semanalmente. Igualmente serán tidos en conta os valores descritos anteriormente no traballo tutelado. 40 B1
B2
C6
C14
C25
C32
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación: 

- AVALIACIÓN CONTINUA: Os estudantes farán periodicamente na aula presentacións dos traballos e exposicións dos resultados durante o transcurso do cuadrimestre. 

ASISTENCIA: A falta de asistencia non xustificada que supere un terzo das clases (5 clases) supón ir directamente a exame de maio.

- AVALIACIÓN GLOBAL: Os estudantes deberán presentar todos os traballos propostos durante o curso e o día da proba realizará un exercicio proposto nesa convocatoria. 

1ª Convocatoria (maio) consultar a web da Facultade 

2ª Convocatoria (xullo) consultar a web da Facultade 

Requisito obrigatorio previo ao exame: Entrega de cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase. 

Convocatoria Extraordinaria Fin de Carrera consultar a web da Facultade 

Requisito obrigatorio previo ao exame: Entrega de cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000