O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación: - Avaliación contínua: A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado. - Avaliación global: No caso de que o estudante optara pola avaliación global ou o que non superara a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba consistirá na repetición dos exercicios ou, noutros casos, nun maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido. Convocatoria extraordinaria: O alumnado que non haxa realizado durante o cuadrimestre os 2/3 dos exercicios propostos, na convocatoria extraordinaria deberá levar a cabo un traballo práctico específico, na aula de exame, relativo aos contidos da materia, ademáis de presentar os traballos suspensos ou non presentados levados a cabo durante o curso. Datas de convocatorias extraordinarias: http://belasartes.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |