O modelo de avaliación é avaliación continua. O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O exame global consistirá nun exame escrito en data oficial que cubra todos os aspectos avaliados en avaliación continua. PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A materia avalíase en base a catro parámetros: -Exames teórico-prácticos (nota máxima 3,5 puntos). Consistirán en dúas probas para cada unha das partes (materiais e produción). A primeira durante o desenvolvemento do curso e a segunda na data oficial de exame. Nestas probas avalíanse os coñecementos teóricos da materia, cuestións relacionadas cos problemas e prácticas mediante un exame tipo test, desenvolvemento e/ou resposta curta. -Resolución de problemas (nota máxima 1 punto). Avaliarase a entrega da resolución aos problemas expostos durante o curso nos prazos establecidos. -Prácticas de laboratorio (nota máxima 1,5 puntos). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso e entregar os informes requiridos. -Prácticas con apoio do TIC (nota máxima 1,5 puntos). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso e entregar os informes requiridos. -Traballo tutelado (nota máxima 2,5 puntos). Deberase realizar o traballo solicitado e entregar unha memoria completa. Aprobarán a materia aqueles alumnos que consigan unha nota igual ou superior a 5 puntos. Non se fará media no caso de que nunha parte a nota sexa inferior a 3,5 puntos, sendo a nota final de actas a nota da parte que non alcance o valor mínimo. Non é posible recuperar ningunha proba a posteriori, salvo causa xustificada. SEGUNDA OPORTUNIDADE: O método de Avaliación é o mesmo que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE. Poderanse gardar traballos da primeira oportunidade con cualificación >5. En ningún caso gardarase a cualificación dos exames. OUTRAS CONSIDERACIÓNS: En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. As probas desenvolveranse durante o cuadrimestre. O exame teórico-práctico inicial desenvolverase en data a definir e indicada ás/os estudantes con antelación suficiente. O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames A evaluación fin de carreira seguirá os mesmos criterios ca evaluación de 2ª oportunidade. |