Avaliación continua:
A nota final
da avaliación continua obtense pola media ponderada dos ítem anteriores:
Nota = 0,10 x Resolución
problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas + 0,35 x Exame Parte I + 0,35 x Exame Parte II
De acadarse nalgunha das partes I ou II de Exame unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,9 puntos.
Aqueles/as estudantes que non obtiveran unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no Exame da Parte I, poderán solicitar un exame adicional a continuación do exame final da primeira oportunidade.
No exame de segunda oportunidade, o/a estudante pode optar por:
- Manter a nota de Resolución de problemas de forma autónoma e Prácticas, e realizar un Exame da Parte I e/ou II das que non se obtivera unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10, ou en caso de querer subir nota nas mesmas. A puntuación corresponderá coa obtida en segunda oportunidade.
- Presentarse ao exame global para obter o 100 % da nota.
Avaliación global primeira oportunidade, segunda oportunidade e Fin de Carreira:
Aqueles/as estudantes que soliciten a avaliación global para a primeira ou segunda oportunidade, ou se examinen de Fin de Carreira, realizarán un exame dividido en tres partes:
- Exame Parte I problemas correspondentes a teoría de circuítos, cun peso do 40 %
- Exame Parte II problemas correspondentes a máquinas e instalacións eléctricas, cun peso do 40 %
- Exame sobre cuestións teórico-prácticas da materia, cun peso do 20 %.
De acadarse nalgunha das partes do exame global de primeira e segunda oportunidade unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,9 puntos.
Conservarase para a
segunda oportunidade,
aquela
parte ou partes da avaliación global da primeira oportunidade superadas, nas que obtiveron unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10. Por tanto, o/a estudante poderá:
- Presentarse ao resto de partes do exame. Neste caso
conservarase a nota da parte ou partes superadas. - Facer o exame
completo, de querer subir nota nas partes xa superadas
anteriormente. Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha
das partes do exame de segunda oportunidade.
Cada nova
matrícula na materia supón unha posta a cero de todas as calificaciones obtidas
en cursos anteriores. Con todo, aqueles estudantes que realizasen todas as prácticas de laboratorio do curso académico inmediatamente anterior, e obtivesen unha nota de 5 puntos sobre 10 de media nas mesmas, poderán solicitar o seu recoñecemento no prazo que se estableza ao comezo de curso.
Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detección de copia en calquera das probas (avaliación continua ou
exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección
do Centro para os efectos oportunos.