Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Metodoloxías baseadas en investigación O alumnado exporá o resultado das súas investigacións. Pode contar ata un 15% da nota final. 15 D3
Prácticas de laboratorio
Avaliaranse mediante avaliación continua. A nota das prácticas pode contar ata un 15% da nota total da materia como máximo.
As prácticas avaliaranse mediante: i) avaliación continua durante a realización das prácticas e entrega de resultados, e ii) exame tipo test.
A realización e superación das prácticas é condición indispensable para aprobar a materia.
As faltas de asistencia debidamente xustificadas compensaranse con outras tarefas.
15 A1
C2
D1
D3
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá un exame onde se avaliará o aprendido a través de problemas e cuestións e poderá valer ata un 40% da nota final. A nota do exame deberá ser de 5 sobre 10 para poder aprobar a asignatura.
En caso contrario o alumno estará suspenso.
40 C2
D5
Autoavaliación O alumnado poderá contestar ao final de cada tema un cuestionario tipo test e/ou resolver problemas que pode supoñer ata un 10% da nota final.
10 C2
Resolución de problemas e/ou exercicios A metade do temario levarase a cabo unha pequena proba de avaliación que consistirá na resolución de problemas e/ou cuestións. Esta proba pode contar ata un 20% da nota final. A nota do exame de desenvolvemento poderá ser de 4 sobre 10 para promediar co resto das notas se o alumno supera a proba de resolución de exercicios con polo menos o 50% da nota. 20 C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación de segunda oportunidade é o mesmo que o de primeira oportunidade, manténdose as cualificacións obtidas correspondentes ás metodoloxías baseadas en investigación, a resolución de problemas e/ou exercicios e ás prácticas. 

 Datas de avaliación: 

 O calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta de Centro atópase publicado na páxina web:

http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames 

 Deberán realizarse as prácticas de laboratorio para poder presentase á convocatoria de segunda oportunidade. 

 Aqueles/as estudantes que non poidan asistir ás clases deberán avisar ao profesorado. Neste caso o exame contará un 85% da nota e as prácticas un 15% 

 En resumo:

 Do 100% da nota da materia temos: 

 - Exame: ata un 40% . É necesario sacar un 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. 

- Test de autoavaliación: ata un 10%. 

 - Prácticas de laboratorio: ata un 15%. É obrigatorio aprobar as prácticas para aprobar a materia. 

 - Traballos de investigación: ata un 15%. 

 -Proba de avaliación de problemas e/ou exercicios: ata un 20%. 

 Avaliación para estudantes que non opten por unha avaliación continua. 

 - Exame/exames: ata un 85% debe sacarse un mínimo de 5 sobre 10 para aprobar a materia. 

 - Prácticas de laboratorio: ata un 15%. É obrigatorio aprobar as prácticas para aprobar a materia. 

 MOI IMPORTANTE: 

 Para poder sumar todas as porcentaxes, o/a estudante debe sacar como mínimo 5 sobre 10 na nota do exame. No caso de non chegar ao 5 no exame, a nota que figurará na acta será a nota do exame. A duración do exame final será de 2.5 horas aproximadamente. 

 No caso de que o/a estudante consiga un 50% ou máis da nota na proba de avaliación de resolución de problemas e/ou exercicios, chegaralle con sacar como mínimo un 4 sobre 10 na nota do exame para poder sumar todas as porcentaxes. No caso de non chegar ao 4 no exame, a nota que figurará na acta será a nota do exame. 

 O estudantado suspenso en primeira oportunidade non asistente a clase poderase presentar na convocatoria de segunda oportunidade a un exame que cobre todo o contido da materia, sempre que realizase as prácticas de laboratorio. 

En casos especiais nos que por motivos xustificados e previamente notificados os/as estudantes non poidan asistir ás prácticas, nin participar na avaliación continua o 100% da nota corresponderá a un exame final no que se avaliarán todas as competencias da materia. 

Convocatoria fin de carreira: O/A estudante que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.” 

En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Avaliación Global: O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000