SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA A nota final do alumnado de avaliación continua será a media das probas realizadas ao longo do cuadrimestre de acordo coa seguinte distribución:
PROBA Tipo A: Descrición: Realizarase un traballo práctico sobre diversos contidos da materia. Metodoloxía: Traballo tutelado % Cualificación: 40% % Mínimo: 4 puntos sobre 10 Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A1, A5, D11, D13 Resultados previstos avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4 PROBA Tipo B: Descrición: Exercicios prácticos a entregar en datas concretas sobre os contidos da materia. Metodoloxía: Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 30%. A nota final deste apartado será a media ponderada das actividades realizadas. % Mínimo: 4 puntos sobre 10 Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B8, D12 Resultados previstos avaliados: RA2, RA3, RA4 PROBA Tipo C: Descrición: Presentación oral e defensa do traballo tutelado Metodoloxía: Presentación % Cualificación: 30%. % Mínimo: 4 puntos sobre 10 Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A1, D10, D11, D12, D13 Resultados previstos avaliados: RA3 SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBALProcedemento para a elección da modalidade de avaliación global: unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global.
PROBA ÚNICA: Exame práctico que consistirá na resolución de problemas e/ou exercicios. De acordo co alumnado, este traballo práctico poderá ser substituído pola realización de varios exercicios e traballos de forma autónoma e que pode incluír unha defensa ante o profesorado da materia. Metodoloxía Aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 100% % Mínimo: 5 sobre 10 Resultados de formación e aprendizaxe avaliadas: todas as da materia Resultados previstos avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4 CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRAEmpregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para o sistema de avaliación global exposto anteriormente.
PROCESO DE
CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria,
en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global
fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4. DATAS DE
AVALIACIÓN
As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación
continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.
As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias,
aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. EMPREGO DE
DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de
dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do
estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade." CONSULTA/SOLICITUDE
DE TITORÍAS
As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do
profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |