Guia docente 2024_25
 Materias extracurriculares
  Liñas de investigación en informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación dos traballos expostos ao longo do curso. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3 y RA4. 40 A1
A5
D11
D13
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA2, RA3 y RA4. 30 B8
D12
Presentación Presentación e defensa do seminario realizado. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA3. 30 A1
D10
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
A nota final do alumnado de avaliación continua será a media das probas realizadas ao longo do cuadrimestre de acordo coa seguinte distribución:

PROBA Tipo A:

    Descrición: Realizarase un traballo práctico sobre diversos contidos da materia.
    Metodoloxía: Traballo tutelado
    % Cualificación: 40%
    % Mínimo: 4 puntos sobre 10

    Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A1, A5, D11, D13

     Resultados previstos avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4

PROBA Tipo B:

    Descrición: Exercicios prácticos a entregar en datas concretas sobre os contidos da materia.
    Metodoloxía: Resolución de problemas e/ou exercicios
    % Cualificación: 30%. A nota final deste apartado será a media ponderada das actividades realizadas.
    % Mínimo: 4 puntos sobre 10

    Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B8, D12

     Resultados previstos avaliados: RA2, RA3, RA4

PROBA Tipo C:

    Descrición: Presentación oral e defensa do traballo tutelado
    Metodoloxía: Presentación
    % Cualificación: 30%.
    % Mínimo: 4 puntos sobre 10

    Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A1, D10, D11, D12, D13

    Resultados previstos avaliados: RA3


SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global.

PROBA ÚNICA: Exame práctico que consistirá na resolución de problemas e/ou exercicios. De acordo co alumnado, este traballo práctico poderá ser substituído pola realización de varios exercicios e traballos de forma autónoma e que pode incluír unha defensa ante o profesorado da materia.

     Metodoloxía Aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios
     % Cualificación: 100%
     % Mínimo: 5 sobre 10
     Resultados de formación e aprendizaxe avaliadas: todas as da materia
     Resultados previstos avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA
Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para o sistema de avaliación global exposto anteriormente.

PROCESO DE
CUALIFICACIÓN DE ACTAS



Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria,
en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global
fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.

 

DATAS DE
AVALIACIÓN



As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación
continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.



As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias,
aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

 

EMPREGO DE
DISPOSITIVOS MÓBILES



Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de
dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do
estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade."

 

CONSULTA/SOLICITUDE
DE TITORÍAS



As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do
profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000