SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
EXAME FINAL:
Descrición: Cuestionario final que inclúe preguntas de diferentes tipos
Metodoloxía aplicada: exame de preguntas obxectivas, prácticas con apoio das TIC, resolución de problemas e exercicios
% Cualificación: 100%
% Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5
Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2 A5 B4 B8 C1 C4 C5 C9 D11 D12
Resultados previstos na materia avaliados: RA1 RA2 RA3 RA4
Os alumnos que sigan o procededemento de avaliación global deberán presentarse a un exame con preguntas e exercicios de diversos tipos no que deberá obter unha nota superior a 5 sobre 10 para aprobar. O exame cubrirá todas as metodoloxías empregadas para o sistema de avaliación continua.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA
Empregarase o sistema de avaliación global exposto anteriormente.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na avaliación. En caso de que non se dea esta situación, a cualificación final máxima será 4 (SUSPENSO).
DATAS DE AVALIACIÓN
As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.
As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na página web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou electrónicos e ordenadores portátiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudiante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o la cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad".
COMISIÓN DE FRAUDE ACADÉMICA
Lémbrase a a todo o alumnado que, segundo o artigo 3.2 do Regulamento de Réxime Disciplinario do Estudantado da Universidade de Vigo, considéranse faltas moi graves:
"e) Alterar, falsificar, subtraer ou destruír documentos académicos ou aplicacións e sistemas informáticos da Universidade así como utilizar documentos ou declaracións falsos ante a universidade.
...
i) Suplantar a unha persoa que integra a comunidade universitaria no seu labor propio ou prestar o consentimento para ser suplantado, en relación coas actividades universitarias."
Lémbrase tamén que, segundo o mesmo Reglamento, artigo 3.3, considéranse faltas graves:
"d) Cometer fraude académica, cando non constitúa falta moi grave.
e) Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual."
O artigo 3.5 indica que "De conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico."
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/