A materia Ciberseguridade Intelixente ofrece unha visión da seguridade dixital desde a perspectiva da intelixencia artificial. O curso estrutúrase en tres grandes bloques: os fundamentos da ciberseguridade, o uso defensivo da IA para a detección e prevención de ameazas, e a análise de vulnerabilidades e riscos asociados ao uso ofensivo da IA.