Guia docente 2025_26
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Sistemas basados en axentes
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Sistemas basados en axentes Código O06G460V01401
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Informática
Coordinador/a
González Moreno, Juan Carlos
Correo-e jcmoreno@uvigo.es
Profesorado
González Moreno, Juan Carlos
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Esta materia impártese no primeiro semestre do cuarto curso. Trata de proporcionar ao alumno coñecementos mínimos necesarios sobre conceptos fundamentais que permitan a resolución de problemas no ámbito dos sistemas intelixentes mediante o emprego de axentes software intelixentes que traballen conxuntamente (colaborando ou competindo) na satisfacción dos obxectivos asignados.

Na impartición do contido empregarase de maneira indistinta tanto o idioma español como o galego; en canto ao idioma inglés, empregarase tanto en materiais audiovisuais, como escritos; e empregarase o inglés como lingua auxiliar para aqueles alumnos Erasmus que poidan matricularse na materia e presenten dificultades para comprender tanto o español como o galego.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000