A materia introduce o deseño e construción de sistemas informáticos que emulan a capacidade de razoamento e decisión dun experto humano. O obxectivo é proporcionar unha alternativa confiable á resolución de problemas complexos sobre dominios específicos, cando a algorítmica non existe ou non se considera operativa, inspirándose para iso na competencia fáctica, práctica e heurística dun especialista. Capacitarase ao alumno na adquisición, modelado e representación de coñecemento; así como no uso de técnicas para a súa derivación.