SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA CONXUNTO DE PROBAS 1: Avaliación teórica
Descrición: Realización de cuestionarios e probas de exame
ao longo do curso que incluirán avaliación de conceptos teóricos e resolución
de exercicios.
Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas, Exame de
preguntas obxectivas
% Cualificación: 40%
Mínimo: 1,5 puntos (sobre 4).
Resultados de formación e aprendizaxe: A5, B2, C8
Resultados previstos na materia: RA2, RA4, RA5
----------------------------------------------------------------------------
PROBA 2: Práctica MERE
Descrición: Proba individual escrita que consistirá na resolución dun problema facendo uso do MERE. Ademais,
deberase realizar a transformación ao Modelo Relacional.
Metodoloxía aplicada: Prácticas de laboratorio
% Cualificación: 20%
Mínimo: 1 punto (sobre 2).
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B4, D2, D3
Resultados previstos na materia: RA1
----------------------------------------------------------------------------
PROBA 3: Práctica SQL
Descrición: Proba individual escrita que consistirá na
realización de consultas sobre unha base de datos mediante a utilización da
linguaxe SQL.
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas
% Cualificación: 25%
Mínimo: 1 punto (sobre 2,5).
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B2, D3
Resultados previstos na materia: RA3 ----------------------------------------------------------------------------
PROBA 4: Manipulación de datos
Descrición: Proba individual que incluirá resolución de
exercicios relacionados coa modificación e manipulación de datos almacenados
nunha base de datos.
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas
% Cualificación: 15%
Mínimo: 0,5 puntos (sobre 1,5).
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B4, C8
Resultados previstos na materia: RA6
----------------------------------------------------------------------------
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
Procedemento para a elección da modalidade de avaliación
global: Considérase que o/a estudante opta polo sistema de avaliación global se
non se presenta á primeira proba do sistema de avaliación continua. ----------------------------------------------------------------------------
PROBA 1: Avaliación teórica
Descrición: Proba obxectiva que incluirá avaliación de
conceptos teóricos e resolución de exercicios.
Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas, Exame
de preguntas obxectivas
% Cualificación: 40%
Mínimo: 1,5 puntos (sobre 4).
Resultados de formación e aprendizaxe: A5, B2, C8
Resultados previstos na materia: RA2, RA4, RA5
----------------------------------------------------------------------------
PROBA 2: MERE, SQL E MANIPULACIÓN DE DATOS
Descrición: Proba individual que consistirá na resolución de
problemas facendo uso do MERE, transformación ao Modelo Relacional, realización
de consultas mediante a utilización da linguaxe SQL e manipulación de datos
sobre unha base de datos.
Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas.
% Cualificación: 60%
Mínimo: 2,5 puntos (sobre 6).
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B2, B4, C8, D2,
D3
Resultados previstos na materia: RA1, RA3, RA6
----------------------------------------------------------------------------
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E
FIN DE CARREIRA
Alumnado baixo o sistema de avaliación continua:
- Deberá realizar a Proba 1, que se detalla a continuación,
se non alcanzou a cualificación de 1,5 puntos (sobre 4) no conxunto de Probas 1 de
avaliación continua en primeira convocatoria.
- Deberá realizar a Proba 2, que se detalla a continuación,
se non alcanzou as cualificacións mínimas nas Probas 2, 3 e 4 de avaliación
continua en primeira convocatoria.
Alumnado baixo o sistema de avaliación global:
- Deberá realizar a Proba 1, que se detalla a continuación,
se non alcanzou a cualificación de 1,5 puntos (sobre 4) na Proba 1 de
avaliación global en primeira convocatoria.
- Deberá realizar a Proba 2, que se detalla a continuación,
se non alcanzou a cualificación mínima de 2,5 (sobre 6) na Proba 2 de
avaliación global en primeira convocatoria.
----------------------------------------------------------------------------
PROBA 1: Avaliación teórica
Descrición: Proba obxectiva que incluirá avaliación de
conceptos teóricos e resolución de exercicios.
Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas, Exame
de preguntas obxectivas
% Cualificación: 40%
Mínimo: 1,5 puntos (sobre 4).
Resultados de formación e aprendizaxe: A5, B2, C8
Resultados previstos na materia: RA2, RA4, RA5
----------------------------------------------------------------------------
PROBA 2: MERE, SQL E MANIPULACIÓN DE DATOS
Descrición: Proba individual que consistirá na resolución de
problemas facendo uso do MERE, transformación ao Modelo Relacional, realización
de consultas mediante a utilización da linguaxe SQL e manipulación de datos
sobre unha base de datos.
Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas.
% Cualificación: 60%
Mínimo: 2,5 puntos (sobre 6).
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B2, B4, C8, D2,
D3
Resultados previstos na materia: RA1, RA3, RA6
----------------------------------------------------------------------------
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria,
en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global
fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.
DATAS DE AVALIACIÓN
As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación
continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/
As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias,
aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de
dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do
estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade."
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do
profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |