Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B2 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. |
B4 |
Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propor novos métodos baseados en intelixencia artificial. |
B5 |
Capacidade para concibir novos sistemas computacionales e/ou avaliar o rendemento de sistemas existentes, que integren modelos e técnicas de intelixencia artificial. |
C3 |
Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de lóxica, gramáticas e linguaxes formais para analizar e mellorar as solucións baseadas en intelixencia artificial. |
C13 |
Capacidade para modelar e deseñar sistemas baseados na representación do coñecemento e razoamentos lóxicos ou aproximados e aplicalos a diferentes dominios e problemas, tamén en contextos de incerteza. |
C14 |
Coñecer as tecnoloxías semánticas para o almacenamento e acceso de grafos de coñecemento e o seu uso na resolución dos problemas. |
D1 |
Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas |
D2 |
Capacidade de traballo en equipo, en contornas interdisciplinares e xestionando conflitos. |
D3 |
Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. |