SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA PROBA1: Avaliación teórica Descrición: Proba obxectiva que incluirá a avaliación de conceptos teóricos e a resolución de exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento.
% Cualificación: 40%
% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia hai que obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
Competencias avaliadas: todas.
Resultados de aprendizaxe avaliados: todos
PROBA 2: Avaliación teórica
Descrición: Proba obxectiva que incluirá a avaliación de conceptos teóricos e a resolución de exercicios.
Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas de desenvolvemento.
% Cualificación: 40%
% Mínimo: Para a liberación desta parte da materia hai que obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: todas.
Resultados de aprendizaxe avaliados: todos
PROBA 3: Prácticas delaboratorio
Descrición: Realización de todas as prácticas de laboratorio propostas ao longo do curso nas datas estipuladas.
Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de laboratorio
%Cualificación: 20%
%Mínimo: Para a liberación desta parte da materia hai que obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre10) e haber asistido a todas as prácticas nas datas estipuladas.
Competencias avaliadas: todas.
Resultados de aprendizaxe avaliados: todos
· Os estudantes que se presenten á proba 1 ou á proba 2 enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua descrito anteriormente.
· Se un estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle unha cualificación de 0 puntos nela.
· Se un estudante non asiste a algunha das prácticas de laboratorio sen unha causa xustificada, asignaráselle unha cualificación de 0 puntos na proba 3 indicada anteriormente. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elecciónda modalidade de avaliación global: unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado na matéria manifeste, formalmente, a súa intención deacollerse ao sistema de avaliación global.
PROBA:Avaliación teórica
Descrición:Proba obxectiva que incluirá a avaliación de conceptos teóricos e a resolución de exercicios.
Metodoloxía(s) aplicada(s):Exame de preguntas de desenvolvemento.
%Cualificación: 100%.
%Mínimo: Para aprobar a materia deberase obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: todos.
Resultados previstos na materia avaliados: todos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A CONVOCATORIAEXTRAORDINARIA E DE FIN DE CARRERA: empregarase o sistema de avaliación indicado anteriormente para a modalidade de avaliación global.
PROCESODE CUALIFICACIÓN DE ACTAS: Independentemente do sistema de avaliación e da convocatoria, no caso de non superar algunha das probas indicadas e de que a puntuación global sexa superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.
DATAS DE EVALUACIÓN: As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.
As datas oficiais dos exames nas diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/exames/.
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES: lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles nos exames e nas prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se fagan ou en documentos oficiais da universidade."
TITORÍAS: para solicitar unha titoría cun profesor da materia hai que enviarlle un correo á dirección de correo que se indica na páxina da materia en moovi (https://moovi.uvigo.gal).
Normas relativas ás clases de teoría, ás prácticas de laboratorio, aos exames e ás revisións dos exames:
_ Mentres se está facendo unha práctica no laboratorio de Electrónica non se pode baixar de Internet unha solución da mesma. Tampoucose pode copiar unha solución dun pendrive, dunha tablet ou dun teléfono móbil ou escrita nunha folla de papel. Incumprir esta norma conleva unha cualificación de 0 puntos pola realización das prácticas.
_ Á hora de escribir o código a executar por un microcontrolador, este debe de estar adaptado ao compilador de C, comercializado pola empresa Mikroelektronika, que se utiliza nas prácticas de laboratorio da asignatura.
_ No caso de utilizar un convertidor analóxico/dixital(A/D) hai que configuralo para que as conversións se fagan no menor tempo posible, de acordo coa frecuencia de reloxo do microcontrolador. Non se poden utilizaras funcións da biblioteca de funcións do compilador para manexar o módulo AD domicrocontrolador.
_ No caso de utilizar un temporizador (timer) para medir tempos ou para facer temporizacións, este debe ser configurado de modo que durante a medición dun tempo ou durante unha temporización se produza o menor número posible de desbordamentos do temporizador. Debe elixirse o prescaler máis pequeno posible do temporizador tendo en conta que o número de desbordamentos do temporizador debe ser o menor posible.
_ Pódense utilizar as funcións Lcd_Init(), SPI1_Init()e SPI1_Write(). Non se poden utilizar as funcións delay_ms() e delay_us(), ninningunha outra función da biblioteca de funcións do compilador deMikroelektronika, salvo que se autorice expresamente o seu uso.
_ Á hora de debuxar un diagrama de estados que describa o comportamento dun sistema secuencial ou ben se utiliza un modelo de tipo Moore ou ben se utiliza un modelo de tipo Mealy. En ningún caso se admitirá como válido outro tipo de modelo (ou representación), incluída unha mestura de ambos os modelos.
_ Á hora de escribir un código para implementar nun microcontrolador ou nunha FPGA un sistema secuencial descrito mediante un diagrama de estados (modelo de Moore ou de Mealy) só se admitirá como válida unha implementación síncrona. En ningún caso se admitirá como válida unha implementación asíncrona ou non totalmente síncrona.
_ No caso de ter que describir un sistema dixital utilizando unha linguaxe de descrición de hardware, só se admitirá como válido VHDL sintetizable (revisión de 1993).
_ Á hora de corrixir un exercicio dun exame ou dunha práctica valorarase moi negativamente que haxa instrucións que non teñan utilidade algunha no que se refire ao exercicio en cuestión.
_ Nun exame hai que xustificar todos os resultados que se obteñan. De non facelo así non se puntuará o correspondente exercicio.
_ Non se corrixirá ningún exame ao que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se facilitan para responder as preguntas do exame. Non se corrixirá ningunha resposta que estea escrita a lapis ou cun bolígrafo de cor vermella ou de cor verde. Se un exercicio presenta faltas de ortografía ou ben caracteres ou símbolos ilexibles, dito exercicio non será puntuado.
_ Non se pode fotografar o enunciado dos exames. Durante os exames non se poden utilizar nin ter á vista libros, apuntamentos, un teléfono móbil, unha tablet, etc. No caso de que unha persoa non cumpra esta norma non se lle corrixirá o exame e poñeráselle un cero como nota final da asignatura na correspondente convocatoria. Se se detecta a unha persoa copiando nun exame, a súa cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet, nin fotografar un exame.
_ Prohíbese gravar as clases teóricas, as prácticas de laboratorio e as titorías (audio e/o vídeo). Tampouco se permite fotografar o que escriban os profesores no encerado durante as clases.
|