É recomendable que os estudantes leven un ritmo continuo de aprendizaxe e que traballen conforme á previsión indicada nesta guía, ás indicacións dadas polo profesor da materia en función da metodoloxía docente empregada. En calquera caso recoméndase que dedicar fose da aula como mínimo as mesmas horas que se utilizaron na aula. Deste xeito poderase lograr unha aprendizaxe continuada e adecuada para poder superar con éxito a materia.
Se o alumno observa que as horas dedicadas fose da aula durante as primeiras 4 semanas de clase fosen claramente superiores ás indicadas nesta guía, aconséllase concertar unha titoría co profesor coordinador da materia, para ser aconsellado sobre como abordar dunha maneira máis eficaz o estudo dos contidos.
Tamén se recomenda encarecidamente realizar unha lectura comprensiva da documentación recomendada polo profesor, de maneira previa ás clases de teoría mesmo no caso de utilizar a metodoloxía de clase maxistral. Indicar que esta recomendación pasa a ser obrigatoria naqueles contidos que se vaian a tratar seguindo a metodoloxía flipped-learning, xa que de non facelo, o alumno non poderá realizar un seguimento e unha comprensión adecuada dos contidos asociados. |