Guia docente 2024_25
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Fundamentos matemáticos para a informática
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Matemáticas: Fundamentos matemáticos para a informática Código O06G151V01101
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Mosquera Lois, David
García Martínez, Xabier
Correo-e david.mosquera.lois@uvigo.es
xabier.garcia.martinez@uvigo.gal
Profesorado
Mosquera Lois, David
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Esta materia enmárcase dentro da materia Matemáticas e se imparte no primeiro semestre do primeiro curso. As outras materias de Matemáticas son: Análise Matemática para a Informática, no primeiro semestre do primeiro curso, Álxebra Lineal para a Informática, no segundo semestre do primeiro curso e Estatística, no primeiro semestre do segundo curso. Na materia Fundamentos Matemáticos para a Informática adquírense competencias da matemática discreta e a lóxica, sendo unha gran parte delas fundamentais para as outras materias.

A materia ten carácter de formación básica. Proporciona a base matemática a moitas das disciplinas de Enxeñaría Informática, incluíndo estrutura de datos, algoritmos, programación, teoría de base de datos, teoría de autómatas, linguaxes formais, teoría de compiladores, seguridade informática e sistemas operativos.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000