Convocatoria ordinaria Nesta materia realizarase unha avaliación continua do traballo realizado polo alumno. Para superar a asignatura por avaliación contínua deben acadar alomenos un 50% da nota nas tres probas realizadas (resolución de problemas, estudos de casos e exame e sacar, en media, un 5. A non presentación a calquera das tres probas suporá que o alumno deixa de ser avaliado en avaliación continua. A nota final por avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles alumnos que non teñan superado a materia por avaliación continua ou non queran optar por esta vía terán a opción de presentarse a un examen final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en avaliación continua. En caso de non presentarse, a nota será a obtida en avaliación continua. Convocatoria extraordinaria A convocatoria extraordinaria consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Coordinación do Título para o curso 2024-2025. No caso de conflito ou disparidad entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web do Título. |