Seminario |
Atención grupal ou individual nas clases ou nas titorías, previo acordo entre o alumnado e o profesorado. O alumnado Asistente solicitará as titorías ao profesorado preferentemente en clase (nas sesións presenciais, evitando o uso do e- mail) para fixar, de ser necesaria, unha titoría individual ou grupal fóra das aulas regulares da materia. O alumnado que precise unha titoría coa coordinadora da materia usará o horario de titorías para expor as súas dúbidas. De non poder asistir fisicamente ás titorías, deberá chamar por teléfono á coordinadora no horario de titorías, evitando o contacto por e-mail. Unha vez establecido o contacto coa coordinadora ben fisicamente ben telefonicamente, existe tamén a opción de fixar titoría en liña a través do Campus Remoto da UVIGO, para o que a docente facilitará ligazón e clave para a conexión no despacho virtual. Estableceranse as medidas necesarias para dar resposta á atención á diversidade. |
|
Traballo tutelado |
Orientación preferente na aula. De ser necesario, solicitarase titoría en liña ou presencial segundo as pautas de comunicación que estableza cada docente. |
|