O Alumnado, asistencial ou non asistencial, ten que realizar nos prazos sinalados, os estudos previos, os Traballos tutelados, a saída técnica, os traballos de campo, practícas clínicas, os exercicios de resolución de problemas, e unha proba de coñecemento tipo test sobre o Programa Oficial da materia, como o resto do alumnado. De non ter superada a avaliación de competencias da materia na convocatoria común ou o longo do curso, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán
obxecto de avaliación na 2ª convocatoria, considerándose. polo tanto,
como aprobadas nese Curso académico. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade e nos taboleiros de anuncios da Facultade. Alumnado
con necesidades específicas: En
coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e
Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades
específicas de apoio educativo |