Aprendizaxe-servizo |
Partimos dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa, polo cal o alumnado se organiza en Grupos de Traballo cunha axenda de actividades concretas que serán avaliadas a partir da entrega de traballo final por grupo en formato "Presentación" tipo Power Point ou similar, que será defendido na aula ante as/os compañeiras/os e profesorado. O contido da presentación será orientado polo profesorado a partir dunha rúbrica de coñecemento común; e tamén da creación dun "Cartafol" a modo de arquivo onde cada grupo irá entregando progresivamente os informes e resultados das súas actividades.
Serán elexidos os 5 mellores Grupos para a prestación do servizo ao alumnado de secundaria a partir dos resultados obtidos na rúbrica de avaliación. A prestación do servizo tamén será avalidado.
Cada Grupo de Traballo deberá designar un Coordinador/a elixido entre o alumnado.
Ademais se levará control de asistencia.
|
40 |
A3 A4 A5
|
B5 B6
|
C6 C9 C13 C19 C24
|
D1 D2 D3 D4 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D14 D15 D16 D17 D19 D20 D21 D22 D23
|
Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. A parte teórica da materia constitúe un 40 % da nota final. A parte práctica da materia constitúe o 60 % da nota final. Cada parte debe ser aprobada para facer media coa outra. En todo caso, o alumnado non poderá ser avaliado se non presenta en tempo e forma as tarefas encomendas. SISTEMAS DE AVALIACIÓN. 1.-ALUMNADO ASISTENCIAL (avaliación continua): a planificación do proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Será considerado asistencial aquel alumnado que teña unha asistencia mínima do 80 % ás clases prácticas e seminarios (grupos de prácticas) e realice e supere os traballos encomendados ao longo do curso. En caso de non cumprir con este requisito, serán avaliados como alumnado non asistencial. O avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas. Non serán tomadas como faltas a imposibilidade de asistencia puntual por causas xustificadas debidamente "certificadas": enfermidade, hospitalización, pasamento dun familiar próximo, realización dun exame oficial noutro lugar, etc. Se o estudantado deixa de asistir á clase terá que optar pola segunda modalidade de avaliación. 2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL (avaliación global): aqueles/as estudantes que non poidan ou que opten por non asistir ás clases prácticas, ou pretendendo ser «estudantes asistenciais» superen a asistencia estipulada para seren considerados alumnado asistencial, terán que demostrar -igualmente que o resto do alumnado- a adquisición das diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o día da convocatoria oficial. O exame consistirá na proba tipo test, común a todo o alumnado (parte teórica, 40 % da nota),así como 6 preguntas relacionadas cos contidos prácticos (60 % da nota). A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada e os apuntes existentes na plataforma virtual. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a través de textos recomendados existentes na biblioteca, dos apuntes e exercicios existentes na plataforma virtual, e co asesoramento dos docentes a través de titorías presenciais, por correo electrónico ou telefónico se así o desexa o/a estudante. Ademais, o alumnado non asistencial deberá presentar un proxecto individual de intervención en mediación, onde se reflictan oscoñecementos e destrezas aprendidas; o dito traballo será obrigatorio e cualificarase como apto ou non apto. SEGUNDA OPORTUNIDADE. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. De non ter superado a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo seguintes criterios. Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior; isto é, gardaranse as notas da parte teórica e/ou práctica aprobada. Isto é, a parte ou partes non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas no exame de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas. OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA AVALIACIÓN: A materia pode ser estudada por completo cos materiais existentes na plataforma virtual e co asesoramento da docente através do seu correo electrónico ou de titorías presenciais ou virtuais, previa cita. Esixirase que os/as estudantes saiban escribir correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluídas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizarasí como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiba expresarse con corrección e de acordo co nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro lingüístico. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá quere flectirse nos seus exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o suspenso da materia. Advírtese ao alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte; este aspecto rexe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial. As datas oficiais dos exames da materia podenser consultados na páxina web da Facultade. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade deEducación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ásnecesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscritoao programa PIUNE (PAT) Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |