Lección maxistral |
Nas sesións maxistrais exponse os contidos teóricos da materia. O profesorado proporcionará todo o material explicado na clase. Ao longo do proceso de instrución introdúcese metodoloxía que facilitan o desenrolo da metamemoria e metacoñecemento. Tamén se realizan prácticas pedagóxica en grupo de traballo que faciliten a internalización e aplicación dos contidos curriculares. O traballo en equipo aparece vencellado ao proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e do Traballo Social. |
Traballo tutelado |
Os estudantes traballan por equipos, e guiados por un plan de traballo, que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fases e actividades do traballo tutelado son catro:
1ºfase. Revisión bibliográfica;
2ºfase de deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade;
3ºfase. De verificación do produto;
4ºfase. De exposición e presentación do produto.
Este plan de traballo téñeno a disposición os/as estudantes na MOOVI.
O desenrolo de cada subproxecto, que desenvolve cada equipo de traballo, no caso de que o equipo decida adherirse a metodoloxía de aprendizaxe servizo, en colaboración coas entidades sociais e culturais que colaboran. Durante a elaboración do traballo tutelado poderán levarse a cabo saídas de campo vencelladas cos obxetivos da materia e coñecer as institucións que contribúen a coñecer mellor as necesidades sociais dos colectivos cos que se vai a traballar.
O seguimento do traballo tutelado farase na aula, nas horas de prácticas dispostas para o caso, o feedback realizase de forma inmediata a cada equipo nos seminarios; e na fase inicial o docente elabora un informe coas recomendacións de mellora da calidade dos subproxectos, que estará dispoñible na MOOVI.
As entregas serán sucesivas e progresivas, efectúanse na MOOVI.
Os estudantes que participan desta modalidade adhírense a metodoloxía de Aprendizaxe por proxectos.
Asemade, os/as estudantes que o desexen poderán participar no Proxecto Aprendizaxe servizo.
Para os estudantes de avaliación global
Elaboran un proxecto de forma individual, seguindo as mesmas fases que os estudantes asistenciais (de avaliación continua). As actividades e entregas vencellas ao proxecto seguen os mesmos prazos que os/as estudantes asistenciais. A exposición realizase o día do exame oficial da materia, ou ben o día de exposición dos proxectos dos/as estudantes asistenciais. A valoración do traballo require indefectiblemente cumprir coas entregas establecidas no plan de traballo e expoñer o proxecto realizado. Ademáis o estudantado o día do exame o estudante debe responder a unhas preguntas nas que debe aportar unha explicación do procedemento que levou a cabo para realizar dito traballo.
Recoméndase pórse en contacto co/a docente para planificar o traballo tutelado, dende o inicio da materia.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Emprégase o aprendizaxe e o traballo cooperativo para organizar as actividades dentro da aula, de maneira que se fortaleza a cohesión grupal e tamén se desenrolen as habilidades de traballo en equipo. |