A avaliación organízase segundo o detallado: Valoracións do seguintes aspectos, recollidos no anexo IV, referentes
ao desenvolvemento das actividades das prácticas nun contexto relacionado co
exercicio da profesión de educador/a social, durante un período determinado,
realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas externas:
Implicación persoal; Motivación; Capacidade de traballo en equipo; Puntualidade
e asistencia; Formación adquirida nas prácticas; Formación universitaria
axeitada ao posto; Relacións co entorno laboral; Receptividade a
críticas; Capacidade técnica; Capacidade de aprendizaxe; Administración de
traballos; Habilidades de comunicación oral e escrita; Sentido de
responsabilidade; Facilidade de adaptación; Creatividade; Iniciativa (50%). Valoración dos seguintes criterios do Informe/memoria das prácticas
realizadas na institución externa: Cumprimento do proxecto formativo;
Desenvolvemento das funcións establecidas; Adquisición de competencias;
Aprendizaxe adquirida; Asistencia á formación complementaria para o
desenvolvemento das prácticas; Asistencia ás titorías (50%). É obrigatorio ter entregado no MOOVI da materia os anexos I, II e III
perfectamente cubertos antes do inicio das prácticas na entidade externa. As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico” As datas oficiais dos exames poden consultarse na web
da facultade no espazo 'datas exames” En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender
ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT) |