As probas de avaliación contínua, tanto presenciais como telemáticas, realizaránse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia.
Para superar a materia será necesario, acadar como mínimo o 50% da puntuación en cada un dos seguintes subapartados, é decir:
-Elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa (necesario obter un mínimo de 1,75, sendo o máximo 3,5)
2.-Actividades de aula colaborativas (necesario obter un mínimo de 0,75 ,sendo o máximo 1,5)
3.-Estudo de casos e/ou análise de intervencións socioeducativas (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1 )
5.-Foro de discusión: (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1.
Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL
A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación contínua. O alumnado non asistente deberá contactar a inicio de curso cos docentes da materia e optarán por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o requisito de asistencia mínima (en torno ó 70%-80% das clases teórico-prácticas) pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global.
As probas de avaliación global realizaránse sempre na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do periodo de probas oficiais marcado no calendario académico de cada curso.
A avaliación deste alumnado farase de igual xeito que a do alumnado presencial, agás nas Actividades de aula colaborativas, sendo incrementada a puntuación correspondente destas á Elaboración do proxecto e ao exame tipo Test (modalidade B). É decir, para superar a materia haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación nos seguintes subapartados:
1.-Traballos Tutelados:
-Elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa (necesario obter un mínimo de 2, sendo o máximo 4 )
2.-Estudo de casos e/ou análise de intervencións socioeducativas (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1)
3.-Test (modalidade B) (necesario obter un mínimo de 2, sendo o máximo 4)
4.- Foro de discusión: (necesario obter un mínimo de 0,5, sendo o máximo 1).
Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.
IMPORTANTE:
--A fórmula a aplicar na proba tipo test será: P=A-(E/n-1), onde P=puntuación, A= acertos, E=erros, n=nº de alternativas de resposta. Haberá 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas a correcta.
-As actividades teóricas e prácticas poderán ser realizadas polo alumnado asistencial individualmente ou en grupo (máximo de 4-6), segundo se indique. O alumnado non asistencial realizará as actividades de xeito individual.
SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO):
De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose,polo tanto,como aprobadas nese curso académico.
DATAS DE AVALIACIÓN, CURSO 2024-25
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade de educación no espazo "datas exames"
OBSERVACIÓNS
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).