Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Transmitir, promover e desenvolver a cultura |
B2 |
Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais |
B4 |
Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos |
B5 |
Deseñar, implementar e evaluar programas e proxectos socioeducativos |
B6 |
Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos |
C1 |
Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa |
C3 |
Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...) |
C4 |
Analizar e diagnosticar a realidade complexa que fundamenta o desenvolvemento dos procesos socioeducativos |
C7 |
Manexar con criterio métodos e estratexias de investigación cuantitativas e cualitativas, e aplicalas ás realidades socioeducativas |
C8 |
Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...) |
C9 |
Desenvolver programas e proxectos no contexto familiar e escolar |
C10 |
Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...) |
C11 |
Organizar e administrar proxectos e servizos culturais, ambientais, de lecer e tempo libre |
C12 |
Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento |
C20 |
Asesorar na elaboración e aplicación de plans, programas, proxectos e actividades socioeducativas |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Planificación e organización |
D3 |
Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega |
D5 |
Xestión da información |
D9 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos doutras áreas e en distintos contextos |
D16 |
Liderado |
D18 |
Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida |
D20 |
Orientación á calidade |