Traballo tutelado |
A/O estudante, de maneira individual e en pequenos grupos, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... O alumnado manterá entrevistas coa profesora da materia para asesoramento /desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. |
Presentación |
Presentación e exposición por parte do alumnado de traballos grupais tutelados pola profesora. O alumnado manterá entrevistas coa profesora da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Utilizarase unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa que comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa propia aprendizaxe. |
Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |