O alumnado non asistente debe comunicar ao docente, durante o primeiro mes de clase, a súa intención de optar polo itinerario alternativo e concertar unha titoría personalizada.
A comunicación entre os estudantes e as docentes realizarase mediante os foros habilitados para dúbidas académicas. As cuestións persoais serán tratadas unicamente mediante o correo electrónico institucional. Non se responderá a direccións de correo persoais.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Ciencias da Educación, no espazo "datas exames": http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo Social. |