Na convocatoria
ordinaria, para obter a calificación de aprobado, o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais, realizar en prazo
todas as actividades así como cumprir os seguintes requisitos:
- Alumnado asistente. O itinerario ordinario, é dicir, a avaliación continua, é posible
para aquel alumnado que teña, como mínimo, o 80% da asistencia e unha participaciación activa na aula. Neste caso, para poder sumar todas as
puntuacións, é imprescindible alcanzar unha calificaciación mínima (2 sobre 4
puntos) na parte teórica da materia (proba escrita), así coma unha calificaciación mínima (3 sobre 6 puntos) na parte práctica da mesma
(prácticas avaliables individuais e/ou grupais). De acadarse as puntuacións mínimas esixidas, a calificaciación global sobre 10 puntos será a suma das
notas parciais.
- Alumnado non asistente. O itinerario alternativo é para aquelas persoas que, por razóns
debidamente xustificadas, teñan máis dun 20% de ausencias a clase ou que, cunha porcentaxe inferior de ausencias, non entregasen reiteradamente en tempo e forma
os traballos que permitan avaliar o logro das competencias propias
da materia. O alumnado que se atope nesta situaciación será cualificado
coas notas das partes teóricas e prácticas. A sua puntuación final será como máximo de 10 puntos. O exame será o mesmo e nas mesmas condicións que o
alumnado asistente. Se deberán realizar as practicas avaliables de
forma individual e a entrega dos mesmas será o día oficial de realización da
proba de exame. A cualificaciación dos traballos se realizará con idénticos criterios aos utilizados co alumnado asistente.
En caso de non ter superada a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Aquel alumnado (asistente
ou non asistente) que suspenda, non alcance o mínimo esixido ou non teña puntuaciación, terá unha convocatoria extraordinaria
na cal se poderán recuperar os apartados pendentes (proba escrita e/ou
traballos) nas mesmas condicións de cualificaciación e a mesma
proporcionalidade que na convocatoria ordinaria. Aquel alumnado que non supere a materia na
convocatoria ordinaria, estará exento en convocatorias sucesivas de avaliar as
partes superadas.
Os materiais obrigatorios para preparar a materia,
especialmente a proba escrita, son os documentos correspondentes a cada
tema (documento *Tema_X) xunto coas aprendizaxes das sesións teórico-prácticas.
A efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser
utilizado para outras materias e si este non cumpre os aspectos formais
esixidos (en especial, citación incorrecta de autorías ou plaxio) será rexeitado. Todos os traballos entregados mediante a plataforma MooVi serán analizados mediante o sistema anti-plaxio da UVigo.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Ciencias da Educación, no espazo "datas": http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |