MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA/ALUMNADO ASISTENTE: - As probas de avaliación contínua, tanto presenciais como telemáticas, realizaránse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia. - Enténdese por alumnado asistente aquel que segue con regularidade
ás clases (mínimo un 80%). - Os grupos colaborativos terán os mesmos compoñentes para todas as actividades grupais e formaranse de entre o alumnado asistente en grupos de 5 alumnos/as, os membros de cada grupo deben de elixir un portavoz que será o único encargado/a de subir a actividade a plataforma moovi sen esquecer indicar os datos de todos os integrantes do grupo. - Para superar a materia será preciso acadar como mínimo o 50% da puntuación en cada un dos subapartados da parte práctica e o 50% da parte teórica. É dicir: son criterios sumativos entre sí e nunca poderán sumarse se nalgún deles non se acada o mínimo establecido. Parte práctica (subapartados): - 10% Aprendizaxe colaborativa (é necesario obter 0.5 para poder sumar dun máximo de 1)
- 15% Estudo de casos (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
- 15% Presentación (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
- 15% Traballo tutelado (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
- 15% Resolución de problemas de forma autónoma (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
Parte teórica: - 30% Exame de preguntas obxectivas (é necesario obter 1.5 para poder sumar dun máximo de 3)
MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL/ALUMNADO NON ASISTENTE: - A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación contínua. O alumnado non asistente deberá contactar a inicio de curso co docente da materia vía e-mail optando por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o requisito de asistencia mínima (en torno ó 70%-80% das clases teórico-prácticas) pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global. - As probas de avaliación global realizaránse sempre na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do periodo de probas oficiais marcado no calendario académico de cada curso. - Enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases (falta máis dun 20%). - Este alumnado fará todos os traballos de xeito individual e a data de entrega será a mesma que para o alumnado presencial. - A avaliación deste alumnado farase de igual xeito que a do alumnado presencial. - Para superar a materia será preciso acadar como mínimo o 50% da puntuación en cada un dos subapartados da parte práctica e o 50% da parte teórica. É dicir: son criterios sumativos entre sí e nunca poderán sumarse se nalgún deles non se acada o mínimo establecido. Parte práctica (subapartados): - 10% Aprendizaxe colaborativa (é necesario obter 0.5 para poder sumar dun máximo de 1)
- 15% Estudo de casos (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
- 15% Presentación (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
- 15% Traballo tutelado (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
- 15% Resolución de problemas de forma autónoma (é necesario obter 0.75 para poder sumar dun máximo de 1.5)
Parte teórica: - 30% Exame de preguntas obxectivas (é necesario obter 1.5 para poder sumar dun máximo de 3)
CONVOCATORIA DE xullo: - As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. DATAS DOS EXAMES: - As datas oficiais dos exames poden consultarse na web
da facultade no espazo datas exames. PROGRAMA PIUNE (PAT): "En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o
alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)" CURSO PONTE: "Coa finalidade de favorecer a
conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos
neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na
cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o
desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio.” |