Traballo tutelado |
Avaliación a través da entrega, traballos prácticos, traballos teóricos
e/ou proxectos.
Execución técnica/ conceptual adecuada de procedementos e
experimentación de carácter artístico, plástico e/ou visual |
40 |
|
B3
|
C55 C56
|
D8 D9
|
A avaliación será continua a través do seguimento do alumnado. Os alumnos/as que non tiveran asistido ou non cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar unha proba escrita de contidos teóricos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer os exercicios e traballo a realizar, o alumno/a debe contactar con antelación suficiente co profesorado responsable da materia mediante as titorías. Terase en conta: - Os exercicios instrumentais e traballos. - O proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos. A cualificación será numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003) De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Nesta 2º convocatoria o alumnado ten que entregar os exercicios prácticos e teóricos non superados que se fixeron durante o curso. Con respecto as datas dos exames da 2º convocatoria poderán consultalos no seguinte enlace: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/ En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o
alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |