Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar (cun 50% como mínimo) cada un do tres apartados arriba mencionados. En caso de PLAXIO a cualificación será de SUSPENSO. Efectuarase un seguimento de asistencia a clase. En segunda convocatoria e para o alumnado que non se acolle á avaliación continua e/ou non asiste ao 80% das clases, realizarase un exame final que englobe todos os contidos e destrezas. Consistirá nunha presentación da unidade didáctica en horas de tutoría (40%), unha proba de exame oral en inglés (30%) e un exame final tipo test sobre lingua e didáctica (30% - o alumnado terá que aprobar cada unha das dúas partes do exame escrito, cun mínimo de 5 sobre 10 en lingua, e 5 sobre 10 en didáctica). As partes da materia superadas na 1a oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2a, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Data do exame: Consultar a web da facultade no menú "Datas exames". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender
ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a
conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos
neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na
cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o
desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio. |