Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración de tarefas e traballos en equipo, que poden implicar a aprendizaxe-servizo, eTwinning en colaboración con centros doutros países; o deseño, a implementación e avaliación de propostas didácticas con alumnado de primaria etc. 25 A1
A2
B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
Obradoiro Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións prácticas (Sesións B).
15 B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
Resolución de problemas Desenvolvemento dunha proba individual teórico-práctica. 25 B2
B8
C53
C54
C55
C56
D2
D5
D7
D8
D13
D14
D16
D17
D18
Presentación Presentación e defensa de traballos grupais e individuais tanto obrigatorios como opcionais, de ser o caso, para aprobar a materia. 25 B2
B3
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
Prácticas de laboratorio Realización dunha proba práctica grupal. 10 B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D2
D5
D7
D8
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cadro anterior recolle os criterios de
avaliación para alumnado Asistente, isto é, alumnado que non falta a máis de 3
clases das Sesións B (ou sexa, que cumpre co 80% de asistencia ás Sesións B), xustificadas ou sen xustificar. Isto significa que para
ter a consideración de Asistente pódese faltar a un máximo de 3 clases das
Sesións B. Desas 3, cada falta sen xustificar
penalizará -0.1 puntos
no apartado ’Obradoiro: Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións prácticas (Sesións B)’. Se se pode
xustificar a falta, a ausencia non penaliza. Os xustificantes nunca se entregarán
por correo electrónico: mostraranse ao profesorado da materia implicado en
calquera das sesións presenciais. A asistencia e participación ás Sesións A non
puntúa na cualificación final. Non obstante, resulta indispensable asistir a elas
para o bo aproveitamento da materia, especialmente de cara á asunción e
comprensión dos contidos e de cara a poder seguir o ritmo das Sesións B sen
dificultades. Asistir ás Sesións A tamén favorecerá a calidade da participación
e das achegas individuais que o alumnado
faga nas Sesións
B que, xunto coa actitude,
terase moi en conta para avaliar o antedito
apartado.

 

AVALIACIÓN PARA ASISTENTES:

 

(1) Proba teórico-práctica individual: 25%

 

(2) Proba práctica
grupal: 10%

 

(3) Traballos
grupais: 25%

 

(4) Presentacións: 25%

 

(5) Asistencia e participación nas Sesións
B: 15%

 

 

Para o alumnado que opte por ser Non Asistente, as porcentaxes para o cálculo
da cualificación final da materia
serán as seguintes:

 

AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES:

 

(1) Proba teórico-práctica individual: 25%

 

(2) Proba práctica grupal: 10%

 

(3) Traballos grupais: 40%

 

(4) Presentacións: 25%

 

É necesario aprobar os apartados 1, 2 e 3 da avaliación
para superar a materia (isto é, acadar un 5 sobre 10), tanto para Asistentes
como para Non Asistentes. Se algún destes tres apartados non se aproban nunha
convocatoria dada, a cualificación desta será o sumatorio das diferentes partes
da avaliación dividido entre dous.

 

O alumnado que opte pola opción de Non Asistente deberá comunicalo ao profesorado a
través de correo electrónico no primeiro mes de clase. Coa lista de alumnado
Non Asistente, o profesorado conformará equipos de traballo e publicaraos na
aula virtual da materia xunto coas instrucións para a elaboración de tarefas,
co fin de que cada equipo se poida organizar para realizalas. Publicada a conformación dos equipos, o alumnado implicado
debe establecer o primeiro contacto
entre si a través de Moovi. Unha vez
se entra na aula virtual da materia, pícase arriba á dereita, na icona do
globo, e ponse o nome da persoa á que se quere escribir encima de ’Buscar’. A continuación pícase
no nome e abaixo escríbese a mensaxe. Finalmente dáselle a 'Enviar', e a partir de aí cada equipo pode establecer as canles de
comunicación que desexe. Para que isto funcione é necesario que todo o alumnado
estea activo en Moovi.

 

O alumnado que ao longo do semestre perda o
dereito de avaliación continua por superar o máximo de 3 faltas ás Sesións B
debe pórse en contacto coa coordinadora da materia tan pronto como se vexa
nesta circunstancia. Neste caso, o profesorado determinará a procedencia de
seren avaliado de acordo á avaliación establecida para Non Asistentes. De ser o
caso, este alumnado será integrado nun equipo de traballo de Non Asistentes, sempre
que sexa posible. De non ser posible, e dado que a maioría das tarefas de
avaliación para Non Asistentes deben realizarse en equipo e deben ser entregadas nunhas datas concretas, as tarefas grupais
de avaliación obrigatoria que non se poidan entregar en equipo en primeira
oportunidade, faranse en segunda o oportunidade. Se se dan as circunstancias, a
participación de alumnado Asistente en actividades artísticas fóra das aulas
regulares da materia (por exemplo, conmemoracións organizadas pola Facultade), suporá a obtención
de puntuación extra a sumar individualmente na cualificación final
sempre que os apartados de avaliación 1, 2 e 3 estean aprobados.

 

AVALIACIÓN PARA ALUMNADO
MATRICULADO EN FIN DE CARREIRA:

O alumnado
que se matricule en Fin de Carreira debe pórse en contacto co profesorado á
maior brevidade posible para solicitar as indicacións das condicións de
avaliación para superar a materia.

 


OBSERVACIÓNS:

 

a. As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto,
como aprobadas nese curso académico. O traballo en equipo ou individual é
obrigatorio cando así se requira.

 

b. As datas oficiais dos exames poden consultarse
na páxina web da Facultade, na ruta Docencia --> Exames. A convocatoria e as instrucións para
as probas prácticas da materia anunciaranse na aula virtual da materia na
sección ‘Avaliación e cualificacións’.

 

c. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser
adaptada para atender as necesidades específicas de apoio
educativo que presente
o alumnado adscrito
ao programa PIUNE (PAT).

 

d. Coa finalidade de favorecer a conciliación da
vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará
das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia
para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000