Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Didáctica das artes plásticas e visuais Código O05G120V01401
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Fuentes Cid, Sara
Correo-e sarafuent@uvigo.es
Profesorado
Blanco Sierra, Javier
Fuentes Cid, Sara
Web
Descrición xeral A finalidade primeira da Didáctica das artes plásticas e visuais é proporcionar aos alumnos unha formación artística e didáctica de calidade. Tanto no que se refire á capacidade de formalizar e interpretar producións de arte nos seus diversos ámbitos e territorios, como concepto ampliado, como no que se refire á capacidade de reelaborar os mencionados contidos para facilitar a formación dos nenos e as nenas de 6 a 12 anos.
A tarefa é construír un substrato de coñecemento teórico necesario, combinado cunha serie de destrezas e habilidades formais que armen ao alumnado dunha capacidade crítica e creativa que lle permita desenvolver ferramentas de aprendizaxe, valoración e coñecemento coas que traballar no campo da educación primaria.
Traballaremos no taller con rutinas procedimentais e elaboracións técnicas simultaneamente ao estudo de contidos xerais da historia da arte.
Estas tarefas máis convencionais convivirán coa análise e o traballo dentro dos novos espazos da arte e as novas ferramentas visuais, audiovisuais e tecnolóxicas nas que abordaremos posibilidades de traballo máis vinculadas a linguaxes contemporáneas próximas e intuitivas para os nenos e as nenas cos que o noso alumnado terá que traballar.
Exporemos estratexias de traballo colaborativo combinadas con propostas individuais dentro de estruturas de traballo por proxectos que vehicularán o transcorrer do cuadrimestre.
As rutinas habituais do noso traballo durante o curso académico alternarán a produción práctica coa reflexión teórica, o traballo de campo e as propostas de ferramentas didácticas específicas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000