É
obrigatoria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, tanto teóricas como prácticas, e a
realización e entrega de todas as actividades puntuables que forman parte do sistema de
avaliación. O incumprimento desta porcentaxe de asistencia e/ou da realización e entrega dalgunha destas actividades implica unha
avaliación diferente, baseada exclusivamente nas probas de resolución de
problemas e exercicios e de respostas a preguntas de desenvolvemento, que neste
caso representarán, polo tanto, o 100% da nota final. No caso de non poder asistir ás clases (por traballo, enfermidade, incompatibilidade de horarios...), pódese seguir un sistema de avaliación alternativo á avaliación única, contactando co/coa docente para comunicar e xustificar ou acreditar esta situación dentro do tres primeiras semanas do cuadrimestre. As
probas de resolución de problemas e/ou exercicios e respostas a preguntas de
desenvolvemento realizaranse en diferentes fases do cuadrimestre (unha primeira proba parcial, aproximadamente a mediados do cuatrimestre, e outra ao final, na data de exame fixada pola facultade). Estas probas abarcarán partes específicas da materia que deberán superarse obtendo, polo menos, a metade da puntuación máxima en cada unha delas. O alumnado que non asista ás clases poderá realizar a primeira proba parcial na metade do
cuadrimestre. Para
superar o traballo tutelado tamén será necesario obter, polo menos, a metade da
cualificación máxima establecida. As
partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación
na 2ª, considerándose, polo tanto, as aprobadas nese curso académico. O/a docente poderá introducir dinámicas e estructuras de Aprendizaxe cooperativa no desenvolvemento das clases e na realización de actividades para potenciar o traballo en equipo e a consideración desta competencia no sistema de avaliación. AVISO:
a detección de plaxio en calquera das tarefas ou traballos propostos suporá a perda do dereito
á avaliación continua. As
datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Ciencias da
Educación e do Traballo Social. 2ª
CONVOCATORIA O
alumnado deberá repetir exclusivamente os traballos e/ou probas
de avaliación que non fosen superados na 1ª convocatoria. OBSERVACIÓNS En
coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e
Traballo Social, esta guía poderá adaptarse ás necesidades específicas de apoio
educativo do alumnado matriculado no programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer aconciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi no cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |