a. Poder usar as aportacións teóricas da socioloxía como unha ferramenta de análise e comprensión da realidade.
b. Analizar a educación (primaria) como un feito social, as funcións do sistema educativo, a súas transformacións e conflitos.
c. Coñecer a evolución da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar para poder interactuar coas familias.
d. Comprender as demandas institucionais da educación (infantil) no contexto actual (familia, relacións de xénero e interxeracionais, multiculturalidade e interculturalidade, discriminación e inclusión social, desenvolvemento sostible, impacto das linguaxes visuais).
e. Analizar o impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das tecnoloxías, os cambios nas relacións de xénero e interxeracionais, a multiculturalidade e a interculturalidade, a discriminación e inclusión social e o desenvolvemento sostible.
f. Poder levar a cabo e avaliar as accións dentro e fóra dos centro educativos destinadas á formación cidadá.
g. Descubrir os aspectos sociais non pedagóxicos implicados nos procesos educativos (conxuntura económica, evolución do mercado de traballo, transformacións sociais...).
h. Adquirir destrezas para recabar información e analizala sobre os puntos anteriores a través do traballo autónomo e en equipo.
i. Comprensión de textos complexos, resumir e articular información complexa ou de fontes diferentes.
l. Competencias para tarefas colaboradoras: capacidade de escoitar e comprender os demais, capacidade para facerse entender (oral, escrita), adaptación e calendarios de traballo e a cumprimentación das tarefas e os tempos, adaptar e reorganizar o traballo, asumir a responsabilidade propia e do grupo. |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C1 C2 C7 C8 C9 C10 C11 C13 C14 C15 C17 C19 C22 C23 C24 C28 C29 C31 C34 C35 C48 C52 C63 C64 C65 C66 C68 C69
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D19 D20 D21 D22
|