Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a:
- presentación da materia
- tomar contacto cos estudantes
- recoller información sobre coñecementos e motivacións dos estudantes
Lección maxistral Exposición por parte das docentes dos contidos sobre a materia obxecto de estudo e as súas bases teóricas, así como directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a resolver polo/a estudante.
Aprendizaxe colaborativa O/a estudante presenta no grupo-clase aspectos dos contidos da materia previamente preparados, utilizando material proporcionado polo/a docente, ademais das achegas persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografía suxerida. Realizarase tanto de xeito indiviual como empregando técnicas grupais participativas.
Cartafol/dossier Afondamento teórico-práctico sobre os contidos da materia a través do análise de aspectos do desenvolvemento evolutivo (cognitivo, lingüístico, emocional e social) de escolares de educación primaria co obxectivo de promover actuacións, tanto para prevención como para a promoción e mellora dos mesmos. Realizarase tanto de xeito indiviual como empregando técnicas grupais participativas. Existe a posibilidade dun traballo tutelado contextualizado no APS 'Educa na diversidade, transforma a sociedade'
Estudo de casos Análise dun caso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase empregando técnicas grupais participativas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000