Lección maxistral |
Exposición por parte das docentes dos contidos sobre a materia obxecto de estudo e as súas bases teóricas, así como directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a resolver polo/a estudante. |
Cartafol/dossier |
Afondamento teórico-práctico sobre os contidos da materia a través do análise de aspectos do desenvolvemento evolutivo (cognitivo, lingüístico, emocional e social) de escolares de educación primaria co obxectivo de promover actuacións, tanto para prevención como para a promoción e mellora dos mesmos. Realizarase tanto de xeito indiviual como empregando técnicas grupais participativas. Existe a posibilidade dun traballo tutelado contextualizado no APS 'Educa na diversidade, transforma a sociedade' |
Estudo de casos |
Análise dun caso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase empregando técnicas grupais participativas. |