Traballo tutelado |
Terán como finalidade a exposición de comentarios, recensións, actividades ou traballos de tipo individual e/ou colectivo por parte do alumnado con debate posterior. |
Seminario |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico. Empréganse como complemento das sesións maxistrais, para desenvolver competencias instrumentais relacionadas co marco teórico da materia. |
Presentación |
Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto.Pódese levar a cabo individual ou grupalmente. |
Aprendizaxe colaborativa |
Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.
|