Seminario |
A través dos seminarios abordaranse temas específicos que permiten profundizar os contidos da materia. Utilízanse como complemento das clases teóricas. Computan na avaliación contínua. |
Traballo tutelado |
O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc.
|
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver. |