Aqueles/as alumnos/as que non poidan asistir regularmente a clase e, por tanto, non poidan seguir o sistema de avaliación continua exposto anteriormente, serán avaliados/as conforme ao seguinte sistema: - Deberán elaborar individualmente unha unidade didáctica sobre un tema que lle indicará o profesor, que suporá o 25% da cualificación final. - Deberán entregar un resumo dos temas que figuran no programa, que suporá o 50% da cualificación final. - Na data prevista no calendario de exames deberán expor un dos temas que previamente resumiron, elixido por sorteo, que suporá o 25% da cualificación final. Este mesmo sistema de avaliación aplicarase aos/as alumnos/as que non superen a materia e deban acudir á segunda convocatoria. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non
serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese
curso académico. As datas de exame poden consultarse na páxina Web da facultade. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |