Educational guide 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a tomar contacto e recoller información do alumnado e presentación da materia.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directoras dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas de forma autónoma Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois por escrito ao profesor, dos resultados da valoración de tres alumnos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos), utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar posibles causas das dificultades de aprendizaxe que poida manifestar un alumno/a e actuar en consecuencia.
Traballo tutelado O estudante presenta no grupo pequeno oralmente, e logo ao profesor por escrito, exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil, elaborados a partir das lecturas propostas polo profesor
Debate O estudante presenta no grupo clase, aspectos dos contidos da materia, previamente preparados, utilizando material proporcionado polo profesor, ademais das aportacións persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografá suxerida.
Aprendizaxe colaborativa O estudante en grupos base traballará contidos teóricos e prácticos a través de diferentes estruturas cooperativas simples e complexas.
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social.
Aprendizaxe-servizo Existe a posibilidade de que os estudantes substitúan unha tarefa do Cartafol/dossier e Aprendizaxe colaborativa por unha proposta de Aprendizaxe Servizo (APS) “Educa na diversidade para transformar a sociedade” que terá unha duración de 6 horas e consiste nun traballo en equipo, guiados por un plan de traballo que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fase e actividades do traballo tutelado son catro: 1) revisión bibliográfica; 2º) deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade. 3º) Verificación do produto. 4º) De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo adaptase ao tema e poboación que se vai a estudar e coa que se vai a intervir.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000