A proposta docente que se presenta pretende habituar aos estudiantes ao manexo correcto do vocabulario e os conceptos propios do ámbito curricular. Non se trata, polo tanto, de memorizar definicións, nomes e datas senón de comprender con claridade o significado dos termos e nocións que servirán de material de traballo nesta e noutras materias do bloque.
Vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas. Os nenos e nenas pequenos precisan de mestres e mestras que saiban traballar cun estilo comprometido e alegre capaz de xerar neles ilusión por aprender cousas novas; que saiban irlles abrindo camiños novos no seu desenvolvemento. É por iso que daremos moita importancia, a través da escritura, á forma en que cada estudiante vive e sinte o mundo da infancia.
As clases desta materia contarán co apoio dos materiais que estarán disposición do alumnado na plataforma de teleformación MOOVI.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Esta materia forma parte do Proxecto de Innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social.
|